Algúns hostaleiros galegos lamentan "improvisación" nas medidas para conter a pandemia

A pesar de que non hai restricións neste sector, aseguran que "o dano xa está feito" porque "a xente ten dúbidas" á hora de ir a un bar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega do Comercio e da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, lamenta a "improvisación" do Goberno coas medidas para frear a expansión da sexta onda da covid.

Aínda que non se decidiron as restricións, Real sinalou que segue "a incerteza", e "o dano está feito porque todas esas comunicacións que chegan ao sector están a sementar medo". "A xente ten dúbidas á hora de ir a un establecemento de hostalaría, e o dano, insisto, está feito", subliña.

Real apunta que "parece que non vai haber máis restricións" pero engade que "o máis importante é que os clientes e a cidadanía entren nos negocios e fagan gasto". "E iso non ocorre por ese medo", avisa.

Tamén se preguntou polo que vai pasar " en Fin de Ano", xa que "queda unha semana". "Esta incerteza é froito do medo que se traslada á poboación en canto a contaxios", protestou. Non dubida que todo isto obedece á "improvisación", para confesar que "a sensación no sector é que todo se fai a última hora"."Estamos a ver que hai moito medo, moita incerteza que leva á anulación de reservas de empresas, de grupos de amigos ou de grupos familiares e isto responde as dúbidas que ten a xente", subliñou.

Finalmente apelou á "eficacia" das vacinacións e augura que froito diso "o impacto non vai ser tan grande sanitariamente, pero si se está producindo un impacto moi grande economicamente".

Varias persoas na terraza dun restaurante
Varias persoas na terraza dun restaurante | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta