O Sergas administra case 25.000 doses máis da vacina e outras 1.791 persoas completan a pauta

Nas últimas horas, 2.523 nenos e nenas de 5 a 14 anos de idade foron vacinados contra a Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

Galicia administrou nas últimas horas outras 28.496 doses da vacina contra a Covid-19, das que 1.791 foron para completar a pauta de inmunización, segundo os datos publicados este venres 24 de decembro pola Consellería de Sanidade.

Así, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) administrou, desde o inicio das campañas de vacinación, un total de 5.717.969 doses, e hai 2.341.627 persoas coa pauta completa. Isto supón a inmunización do 86,73 % da poboación total de Galicia.

Nas últimas horas, das persoas que foron vacinadas, 2.523 eran nenos e nenas de 5 a 14 anos de idade, de maneira que xa teñen polo menos unha dose 128.277 menores entre esas idades.

Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade (que establece para a súa contabilidade o grupo etario de 5 a 11 anos), en Galicia recibiron polo menos unha picada 53.100 nenos desa franxa de idade, o que supón o 34,1 % desta poboación diana.

VACINACIÓN POR GRUPOS


Por grupos de poboación por vulnerabilidade hai 17.995 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.705 dependentes non institucionalizados e 27.625 institucionalizados. Polo seu lado, 2.144.436 terminaron o proceso ao ser chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 74.815 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.671 do sociosanitario, e 31.716 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra.. Beatriz Ciscar - Europa Press
Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra.. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta