GC Aberto

A deriva ideolóxica

Por admin | GC ABERTO | 27/12/2021

Comparte esta noticia

A realidade galega volvese día a día máis exasperante. Pasamos dun antigaleguismo disimulado ao escarnio en público da lingua galega. O triste é que seguimos orfos de análisis políticos do porqué destas provocacións ou do escalabro económico galego.

Varias persoas con paraugas nunha rúa céntrica.. María José López - Europa Press
Varias persoas con paraugas nunha rúa céntrica.. María José López - Europa Press

Comparando o nivel de crispación a nivel do Estado, o debate político na Galiza rebosa vacuidade ideolóxica e dunha placidez impropia da situación que atravesamos. Achegarse á xente mediante o “formalmente correcto” pode ser unha táctica. Mais o revisionismo, se se quere o oportunismo, ten a particularidade de recoller as vellas fórmulas da evolución lenta, paulatina e por etapas dos acontecementos. Pensase unicamente na conquista pacífica e ceremonial do Parlmento, polo cal o aparato institucional subordinarase á unha “socialdemocracia” para logo levar a cabo unha serie de reformas.

Metidos na politiquería desóense outras formas de loita. Son incapaces de ver o novo contido e a nova capacidade para levar adiante saltos cualitativos. Renégase do discurso revelador e desenténdense dos feitos. Feitos coma o chamamento da CIG a unha Folga Xeral ou do porqué se maltrata a nosa xente do mar decomisándolle os quiñóns.

Lenin insistía na obriga de inculcar o gusto pola crítica na sociedade. Suplantar o intelectualismo pola análise obxectiva da realidade conduce a esta situación anormalmente pacífica na Galiza. Calquer formación que descoida a acción teórica e acolle principios como títulos nobiliarios está condenada ao fracaso.

XOSÉ RIOS CIDRÁS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Riolo

Citan a Lenin como referente es en rigor tan genocida como citar a Goebbels

2 Rui Dias

Nas democracias europeias o debate ideológico ou mais grave, o debate das ideias, está morto. Tudo se caiu nesse melting pot ideológico em que os partidos socialistas e sociais democratas se fundiram. Claro que disto se aproveita a extrema direita.

1 Queimaño

Precisamente os "Renegados Kautskys".

1 Queimaño

Non è por nada, mais a Feixoo esbaranlle as criticas verquidas. È certo que algo mais faise necesario. O da Folga Xeral è un bo golpe.