Morre aos 111 anos a muller máis lonxeva de Galicia, a pontevedresa Lulú Vázquez

Era tamén a afiliada máis vella do PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A pontevedresa Luisa Vázquez de Silva, coñecida como Lulú Vázquez, a muller máis lonxeva coñecida de Galicia, morreu este venres 24 de decembro á idade de 111 anos.

A súa incineración realizouse na intimidade familiar no Crematorio Terras de Pontevedra San Marcos, mentres que o luns a Igrexa de San Bartolomé acollerá un funeral na súa memoria ás 17,30 da tarde.

Dáse a circunstancia de que Lulú Vázquez era tamén a afiliada máis vella do PPdeG, polo que o perfil do partido en Twitter quixo mostrar publicamente o seu pesar e erixila nunha pontevedresa que "ata fai ben pouco seguía axudando aos seus veciños máis necesitados".

De feito, o presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, entregáralle o 'carné de ouro' do PPdeG o pasado mes de xullo por ser a militante máis lonxeva.

Lulú Vázquez, a muller máis lonxeva de Galicia faleceu con 111 anos
Lulú Vázquez, a muller máis lonxeva de Galicia faleceu con 111 anos | Fonte: Salvador Sas- EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta