O PP critica a BNG e PSdeG por non recibir "o apoio que cabería esperar" fronte á covid

Reitera que o seu grupo "non é que opoña" á reforma do Estatuto, pero hai que saber "que se quere" cambiar e buscar un "amplo consenso".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/12/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo parlamentario popular, Pedro Puy, fixo fincapé en que a Cámara galega "lonxe de pecharse o que fixo foi traballar coa mesma intensidade pero moi centrada nas cuestións relativas á pandemia". Neste extremo, apuntou que houbo "pouca colaboración da oposición nos temas cruciais da pandemia", ao contrario do que ocorreu, por exemplo, en "mellorar a lexislación prol igualdade e contra a violencia de xénero".

Así, lembrou as "peripecias que viviu a lei de saúde", cun recurso de inconstitucionalidade "que logo houbo que retirar". "Non tivemos sempre o apoio que cabería esperar nestas circunstancias tan excepcionais que vivimos tendo en conta que o ciclo electoral afasta estas normas do debate electoral", profundou.

En calquera caso, engadiu que este "non é máis que un comentario" xa que o PP galego ten "a maioría e a responsabilidade de gobernar" e está convencido de estar "a reaccionar e facendo todo o que está" nas súas mans en procura dunha "rápida reactivación".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy | Fonte: PPDEG.

ACTIVIDADE

Reivindicou que o Parlamento galego traballou "coa mesma intensidade" a pesar da pandemia de coronavirus, aínda que lamentou non contar con "o apoio que cabería esperar" da oposición precisamente para combater a covid.

No seu tradicional balance do Nadal sobre a actividade parlamentaria, Puy destacou datos como as 480 reunións que celebraron órganos da Cámara e que o Pazo do Hórreo volveu ser "o parlamento que máis tempo dedica a debates en pleno", con máis de 428 horas. Tamén esgrimiu cifras como as 19 leis aprobadas para rexeitar "cando se escoitan" afirmacións por parte da oposición en relación con que "o Parlamento está amordazado".

A xuízo do PPdeG, chama a atención con respecto á última lexislatura que "se manteñen practicamente as cifras de iniciativa da oposición e do control do goberno tendo en conta que se pasou de tres grupos --ao perder a representación En Marea-- a dúas". Neste sentido, resaltou que "houbo un acordo para que se recuperasen tempos en debates" e o resultado foi que a pesar de haber menos grupos na oposición (BNG e PSdeG) "non diminuíu nin o traballo de control da oposición nin o tempo".

Así mesmo, aplaudiu o "importante traballo cualitativo" vinculado coa "reactivación económica do país", e, de feito, valorou unha recuperación "máis intensa" en Galicia que na media, con números en exportacións e o mercado laboral, como as afiliacións á Seguridade Social.

REFORMA DO ESTATUTO

Preguntado pola reforma estatutaria, chamou a "ser prudentes" xa que o PPdeG "non é que opoña", pero "primeiro" cre que é relevante saber "que se quere reformar" e "segundo" ve "dificultades obxectivas para que poida facerse por un amplo consenso, dados os antecedentes do grupo nacionalista".

"Nunca estivemos en contra da reforma do Estatuto porque sabemos que é mellorable, como toda norma xurídica, á luz da experiencia, da crise económica, da pandemia... Pero é certo que cando falamos do estatuto e das normas básicas a súa modificación debe partir con dous obxectivos: saber que se quere reformar e para que, que haxa un certo acordo de partida, e a partir de aí establecer un debate buscando un consenso amplo", argumentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta