O lecer nocturno denuncia a "improvisación" da Xunta e alerta que o peche incentivaría as festas privadas

Algúns locais optaron por non celebrar o fin de ano, aínda que a maioría están á espera do que decidan as autoridades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Representantes do lecer nocturno consultados por Europa Press coincidiron en que a posibilidade de máis restricións para o sector, como o peche de cara ao fin de ano, non serían "entendibles" e incentivaría "as festas privadas sen control". Ademais, sosteñen que suporía o peche definitivo para locais que ata agora resistiron no contexto de pandemia.

Así o apuntaron o presidente de Galicia Noche, Luís Diz, e Sergio Fernández, de Hostalería Federada Galega, quen sinalaron que os empresarios permanecen á expectativa do que poidan decidir as autoridades sanitarias. Sergio Fernández precisa, no entanto, que algúns locais optaron xa por non celebrar o fin de ano.

"Supón o 60% da facturación deste ano", explica Luís Diz sobre o que se recada nesta ocasión, dada a repercusión que a pandemia tivo no sector. "A inmensa maioría das entradas están vendidas", insiste tamén, á vez que lembra que o lecer nocturno en Galicia estivo "18 meses pechado". Por outra banda, denuncia "improvisación" por parte das autoridades galegas e precisa que non se pode comparar o contexto en Galicia, á espera aínda das decisións que se adopten, co de comunidades como Cataluña ou Asturias que xa anunciaron o peche do lecer nocturno hai días.

"Cun paquete de axudas", recalca Luís Diz que, como Sergio Fernández, critica, por consideralas escasas, as achegadas en Galicia. "Ninguén fala de indemnizar", sinala este último en caso de máis restricións ou peche do lecer nocturno. "As axudas foron poucas", incide o primeiro comparándoas coas outorgadas en autonomías como a catalá.

SEGURIDADE

Ambos defenden tamén a "seguridade" neste tipo de locais e apuntan que, de acordarse o endurecemento de restricións para este sector, incentivaríanse as festas privadas ou botellóns. "Sen mascarrilla e sen control", insisten neste sentido os dous, que apuntan xa á existencia de eventos deste tipo este pasado fin de semana.

"Díxosenos que non dependería do número de contaxios, senón da presión hospitalaria", afirma, como outro argumento para rexeitar posibles peches, o presidente de Galicia Noche, que recalca que non se pode "machucar" a este sector.

"Cumprimos todo o que se nos pediu", suliñou a este resecto. "Somos un sector con medidas seguras", engade Sergio Fernández, que se pregunta por que non levaron a cabo antes cribados. "Sería a fin para moitos locais", engade sobre o posible peche dos mesmos de optarse por un fin de ano con peche do lecer nocturno ou outras medidas restritivas.

A Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Con esta proba, que se realizará en discotecas de diversas localidades da rexión, ten como obxecto. M. Dylan - Europa Press
A Sala Pelícano durante a realización dunha proba piloto da reapertura do lecer nocturno, a 12 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Con esta proba, que se realizará en discotecas de diversas localidades da rexión, ten como obxecto. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta