Feijóo nega que haxa "derrogación" da reforma laboral e anuncia que estará atento ao impacto das "modificacións"

O presidente galego defendeu que os sectores produtivos necesitan "flexibilidade" nun contexto marcado pola covid-19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este luns que "non hai derrogación" da reforma laboral, senón "modificacións dalgúns parágrafos" que o seu Executivo analizará cando teña o texto completo co fin de ver o impacto nos sectores produtivos galegos. A incidencia do cambio normativo que máis lle "preocupa", dixo, estaría na automoción.

En declaracións aos medios nun acto en Santiago, tras participar na firma da nova axenda social única autonómica, Feijóo sinalou que é preciso esperar a analizar a reforma laboral porque aínda se trata de "un preacordo" e "non está asinada".

Iso si, tras esta primeira reflexión, reafirmouse en que "non hai unha derrogación" da totalidade do texto impulsado no seu día polo Executivo de Mariano Rajoy, que si sufrirá, tras o acordo, "unha serie de modificacións" no seu articulado.

Así, como "terceira consideración", apuntou que, unha vez que a Xunta coñeza a redacción definitiva deses "parágrafos" que se "modifican", analizará se impacta no tecido económico galego.

PREOCUPADO POLA AUTOMOCIÓN

Non en balde, o presidente galego defendeu que os sectores produtivos necesitan "flexibilidade" nun contexto marcado pola covid-19.

Dita "flexibilidade" é especialmente necesaria, defendeu, para as quendas de traballo do sector da automoción, marcado non só pola pandemia senón tamén pola crise dos semiconductores.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello do 10 de decembro de 2021 / Xunta de Galicia. / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello do 10 de decembro de 2021 / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta