O BNG denuncia a "visión centrista" do Goberno na xestión dos servizos ferroviarios

Néstor Rego pide ter en conta as necesidades de mobilidade interior e restaurar os horarios nos trens Avant, modificados coa chegada do AVE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O BNG denunciou as modificiones horarias adoptadas nos trens Avant que conectan Ourense con Santiago e A Coruña tras a entrada en funcionamento da liña de AVE entre a Cidade das Burgas e o centro da península.

Nun comunicado, o deputado do BNG non Congreso, Néstor Rego, informa da presentación dunha batería de iniciativas que instan o Goberno a rectificar os cambios de horario que, di, prexudican as persoas que se desprazaban diariamente entre estas cidades por motivos laborais ou de estudo.

"Organizan os novos horarios baixo unha visión puramente centralista na que priorizan os servizos que conectan Galicia coa meseta pero non teñen en conta as necesidades de mobilidade interior", incidiu o parlamentario do Bloque.  En concreto, Rego reclama que se restablezan os horarios da liña Avant que saía da Coruña ás 06,30 horas e chegaba ás 07,38 horas a Ourense; ademais de solicitar que "se recuperen todas as frecuencias suprimidas" durante a pandemia.

Así mesmo, a formación frontista tamén demanda unha redución no prezo dos billetes da liña entre A Coruña e Ourense, "unha das máis caras do Estado". Lembran que o prezo do traxecto entre Santiago e Ourense é de 17,70 euros que, en ocasións, se dispara ata os 20,30 euros.

"CACIQUISMO" EN OURENSE

Doutra banda, o BNG avanzou que levará ao Parlamento "o grave caso de caciquismo e arbitrariedade" que, ao seu xuízo, se produciu nos municipios ourensáns da Merca, Cartelle e Ramirás polos "incumprimentos" das bases de convocatoria dun taller de emprego. Segundo denuncia a formación frontista, os gobernos municipais "beneficiaron" a algúns aspirantes durante o proceso de selección convocado para o taller, organizado en Río Arnoia Ecoterras.

O BNG recolle as queixas destes supostos prexudicados, que denuncian o feito de ser sometidos a entrevistas con base en criterios "subxectivos", polo que se senten vítimas de "prácticas caciquís". Por tanto, o deputado no Parlamento autonómico Iago Tabarés comprometeuse a levar ao Pazo do Hórreo esta situación para demandar explicacións á Xunta, administración que, segundo o Bloque, achega á organización destes cursos un total de 370.000 euros.

Néstor Rego, duputado do BNG, facendo declaracións. BNG
Néstor Rego, duputado do BNG, facendo declaracións. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ferroviario

Entre Taboadela e Ourense o tren vai , mais ou menos a 90 km/h, e non hai nengunha razón para haxa ahí algún accidente. Os trens AVE chegaron a Ourense e Santiago, e vaise facer un novo acceso ferroviario, entre Taboadela e Ourense. Eso é o que é mais certo. Como tamén e mais certo que Ourense e Madrid están a 2 horas 15 minutos en tren, e que en moi pucos paises do mundo hai alta velocidade ferroviaria. En toda América, en toda Africa, e en toda Asia ( agás Xapón e China, ) non hai alta velocidade ferroviaria.

2 Ferroviario

Respostando a Gamela. Os trens do AVE chegaron a Ourense, so que desde Taboadela ( a 15 km de Ouresne) veñen por una liña convencional, porque o trazado novo nestes últimos quilómetros ( que precisa dun novo viaducto no Miño) ainda non está feito. E tamén chegou a Santiago, porque a liña de Ourense a Santiago é de alta velocidade, e faise en media hora. Suliñemos.

1 Gamela

O vaso pode estar medio cheo ou medio baleiro, non ? Neses 15 km dende Taboadela se se esparrama outro tren como en Angrois, tamén lle botarán a culpa ao maquinista non ? Por iso creo que é máis certo dicir que o AVE chegou a Taboadela, non si ?

1 Gamela

Sempre vexo a Néstor Rego "pedindo" pero case nunca lle fan nin p. caso ! Igual se non falaramos tanto de "identidade galega" e puxeramos na mesa os DATOS de Galicia ... igual teríamos máis éxito nas demandas... Suliñar que o AVE aínda non chegou a Ourense (Taboadela) igual sería máis eficaz á hora de reivindicar a realidade de Galicia ? https://www.lavozdegalicia.es/notic... E de paso dicirlle a Abel Caballero que se meta Cerdedo no saco, e pense en grande, na variante de Mondariz ?