Sabes cal é a cidade máis cara e máis barata de Galicia para alugar un piso?

O prezo do aluguer en Galicia subiu un 4,7% durante 2021, segundo Idealista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer de vivendas incrementouse un 4,7% durante o último ano en Galicia, segundo o último informe do portal especializado 'Idealista.es'. Segundo esta empresa, no último trimestre de 2021 o aumento do prezo foi do 1,7%, o que sitúa a media do aluguer en 7,3 euros por metro cadrado.

Os prezos soben en todas as provincias galegas salvo en Ourense, onde as rendas baixaron un 7,3%. Destaca o incremento do 8,4% en Pontevedra, seguida da provincia de Lugo (4,2%) e A Coruña (2,5%).

Con todo, Lugo segue sendo a provincia co aluguer máis barato con 5,3 euros mensuais por metro cadrado. A continuación está Ourense (5,5 euros/m2), mentres que a máis cara é Pontevedra (8,7 euros/m2), seguida pola Coruña (7 euros/m2).

Nas cidades, Pontevedra encabeza os encarecementos do aluguer durante o último ano cunha suba do 7,3%. Tras a capital pontevedresa atópase Santiago (5%), Lugo (3,7%) e A Coruña (2,6%). O contraste dáse en Ourense, cidade na que as rendas descenderon un 8,7% durante os últimos doce meses.

Así as cousas, A Coruña segue sendo a cidade máis cara para alugar unha vivenda con 8,3 euros/m2, seguida por Santiago de Compostela (7,5 euros/m2) e Pontevedra (7,2 euros/m2). No outro extremo, Ourense é a capital máis económica (5,7 euros/m2) seguida de Lugo (6 euros/m2).

Cartel de aluguer de piso
Cartel de aluguer de piso | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta