Máis de dous millóns de euros dos Fondos Next Generation destinados á Autoridade Portuaria da Coruña

Na súa maior parte utilizaranse para continuar co traballo de vixilancia e intervención na contorna da dársena de Punta Langosteira, especialmente no coidado das praias.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/12/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Autoridade Portuaria da Coruña recibirá 2,3 millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation da Unión Europea para desenvolver nos próximos anos diversas actuacións en materia de sustentabilidade ambiental, tanto no porto interior como nas instalacións de Punta Langosteira.

Segundo informa, desta cantidade, 1,7 millóns utilizaranse para introducir melloras na eficiencia enerxética das redes de subministración e iluminación, que levarán a cabo ata 2024. "Con esta axuda financeira, continuarase na liña de renovar o sistema de iluminación dos peiraos urbanos, con novos puntos de iluminación máis eficientes e a modernización dos centros de transformación".

Os 600.000 euros restantes aplicaranse a medidas protectoras e correctoras enmarcadas na Declaración de Impacto Ambiental do Porto Exterior, co límite temporal establecido en 2025. Na súa maior parte utilizaranse para continuar co traballo de vixilancia e intervención na contorna da dársena de Punta Langosteira, especialmente no coidado das praias.

Porto exterior. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA
Porto exterior. AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta