En licitación os traballos de arranxo da iluminación do obelisco Millenium da Coruña

"Substituirase por completo a actual rede actual, tanto o alumeamento xeral como o de mantemento e as balizas de sinalización", explican desde o Concello.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/12/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña acaba de facer público o proxecto para renovar a iluminación do obelisco Millennium, que levaba avariada desde o ano 2011. Os traballos atópanse en fase de licitación e contan cun orzamento de 88.945,41 euros.

No Millennium renovarase a instalación lumínica actual, "en mal estado, por unha máis eficiente e moderna, que optimice o seu funcionamento e garanta unhas condicións de iluminación adecuadas neste monumento".

"Substituirase por completo a actual rede actual, tanto o alumeamento xeral como o de mantemento e as balizas de sinalización".

"Unha vez adxudicado o proxecto, espérase que os traballos estean terminados en seis semanas", explica o goberno local sobre unhas obras que afectarán principalmente o interior do obelisco.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta