Jácome volve a faltarlle o respeto a unha xornalista: "A ti no te contesto, así que no hagas preguntas"

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ínsta ao alcalde a cambiar a súa actitude cos e cas xornalistas que desenvolven o seu traballo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/12/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia volve a rexeitar e condenar o trato despectivo que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ten cos e cas xornalistas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, responde os medios á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais públicos, a 28 de decembro de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, responde os medios á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais públicos, a 28 de decembro de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press

Na comparecencia ante os medios deste martes, o alcalde de Ourense volveu faltarlle ao respecto a unha xornalista á que despois de preguntarlle de que medio era, díxolle: "a ti no te contesto, así que non hagas preguntas, que no te contesto".

Non é a primeira vez que se produce este trato despectivo cos profesionais da comunicación, como xa ten denunciado o Colexio en repetidas ocasións, polo que desde esta institución, ínstase ao alcalde a cambiar a súa actitude cos e cas xornalistas que desenvolven o seu traballo para garantir o dereito á información da cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Trato despectivo cos periodistas, cos funcionarios, cos vecinos... E a reacción dalguén acomplexado que nunca foi nada, e agora pensa que o é.