Santiago prevé dragar o lago do Auditorio de Galicia para controlar os sedimentos "de forma máis biolóxica"

Pide axudas europeas por 4 millóns para pagar cinco accións de renaturalización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2021 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago solicitou axudas por valor de 4 millóns de euros --o máximo posible-- ao amparo dunha convocatoria da Fundación Biodiversidade con fondos europeos de reconstrución para proxectos que contribúan á renaturalización dos ámbitos urbanos.

De saír adiante, o obxectivo é sufragar con esta contía a maior parte (o 80%) dos 5 millóns que aproximadamente custaría executar cinco intervencións previstas polo Consorcio da capital galega, relativas ao xardín botánico, o Lago do Auditorio de Galicia, Salgueiriños, Fontiñas e Conxo.

"Cabe a posibilidade de que no canto de cinco sexan tres ou dous", precisou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, nunha rolda de prensa na que informou desta petición xusto cando termina o prazo de solicitudes.

O Consistorio compostelán entendeu que esta convocatoria "encaixa perfectamente" cun dos propósitos que expuxo o Real Padroado da Cidade de Santiago coa súa proposta de actuación con dotación orzamentaria para o período 2021-2027-2032.

CINCO INTERVENCIÓNS

A primeira das intervencións, relativa á zona do xardín botánico, próxima á desembocadura do río Sarela no Sar, implica a unha serie de parcelas "asilvestradas" nas que, primeiro, trataríase de eliminar a flora invasora, para despois plantar árbores autóctonas, en concreto carballos e castiñeiros.

Auditorio de Galicia en Santigo
Auditorio de Galicia en Santigo | Fonte: turismo.gal

Na segunda intervención, no Lago do Auditorio de Galicia, existen moitos sedimentos tras a súa creación en 1989, polo que se expón dragarlo e despois controlar os sedimentos "de forma máis biolóxica" conforme chegan.

En terceiro lugar figura a renaturalización da contorna de Salgueiriños, unha gran chaira que ten catro seccións e na que se actuaría no espazo en que se celebran os xoves os mercadillos.

En Fontiñas, o proxecto busca minimizar o problema das escorrentía de augas mediante o aproveitamento das augas pluviais. A primeira fase céntrase nas Rúa Lisboa e Rúa París, con melloras das zonas verdes, en noiros e axardinamentos puntuais.

Por último, en canto ao 'camiño verde perimetral', unha serie de itinerarios que rodean a cidade, a intención é "adaptalos a criterios ambientais" e mellorar a integración das sendas verdes, incluída unha mellor conectividade no barrio de Conxo e actuacións de sinalización para configurar un elemento de lecer saudable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta