A TVG gravará "dous ou tres temas" de Tanxugueiras nunha localicación do Concello de Santiago

A TVG gravará "dúas ou tres temas" de Tanxugueiras nunha localización do Concello de Santiago para emitir no seu programa de 'Badaladas' de fin de ano, segundo informan fontes da televisión pública galega a Europa Press.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A TVG gravará "dous ou tres temas" de Tanxugueiras nunha localización do Concello de Santiago para emitir no seu programa de 'Badaladas' de fin de ano, segundo informan fontes da televisión pública galega a Europa Press.

Preguntado respecto diso en rolda de prensa, o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou que esta breve actuación está organizada pola televisión pública galega, de maneira conxunta co Consistorio.

Inicialmente, ía conxugarse esa actuación co concerto da orquestra París de Noia, de modo que ambos ían empregar o mesmo escenario. Con todo, o concerto de París de Noia foi cancelado debido á situación sanitaria.

Por iso, a preguntas dos xornalistas, Bugallo indicou que "a partir de agora a TVG deberá ser a que organice da forma que considere máis prudente e positiva posible" a gravación das cancións de Tanxugueiras, para emitir posteriormente no programa que a televisión pública emitirá coincidindo coas badaladas de fin de ano.

APOIO Á CANDIDATURA

En calquera caso, o rexedor compostelán aproveitou para mostrar o seu entusiasmo pola candidatura de Tanxugueiras para que este sexa o grupo que represente a España en Eurovisión.

Neste sentido, chanceou con que está convencido de que a súa participación melloraría a posición de España con respecto ás edicións anteriores.

Arquivo - A banda Tanxugueiras, formada polas irmás Olaia e Sabela Maneiro e por Aida Tarrío. ASPERXO CIBES - Arquivo
Arquivo - A banda Tanxugueiras, formada polas irmás Olaia e Sabela Maneiro e por Aida Tarrío. ASPERXO CIBES - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta