Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 11:16
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) continúa coa súa escalada en novembro en Galicia e dispárase un 5,9% en relación ao mesmo mes do ano anterior, marcada pola subida dos custos da vivenda (+20,4%) e o transporte (+13,7%).
O incremento do IPC en Galicia volveuse a situar por encima da media estatal (+5,5%) en novembro en taxa interanual, segundo os datos difundidos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Así mesmo, no que vai de ano, a inflación galega creceu un 5,7% e rexistrou os maiores aumentos na vivenda (+18,9%) transporte (+12%). Ademais, en taxa mensual, o IPC galego elevouse un 0,5%.
A nivel nacional, a inflación creceu un 5,5% en taxa interanual en novembro, cando se rexistraron incrementos dos custos da vivenda (16,8%) e transporte (13,5%) respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Por outra banda, este xoves o INE difundiu os datos adiantados do IPC en decembro a nivel nacional, que reflicten unha subida do 1,3% en relación a novembro. Ademais, en decembro, a taxa interanual disparouse ata o 6,7%, máis de dous puntos por encima da taxa de novembro (5,5%) e alcanzou o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.