A Xunta lembra aos locais que opten ás axudas por peche que deben comunicalo antes de medianoite

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Os titulares dos locais de lecer nocturno que decidan pechar os seus establecementos no fin de semana de Fin de Ano, entre as 00,00 horas deste 31 de decembro de 2021 e as 03.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022, deberán realizar unha comunicación previa á Xunta de Galicia para poder optar ás axudas previstas polo Goberno galego para os supostos de peche, a través da dirección electrónica 'pechelecernocturno@xunta.gal'.

A Xunta xa informara da necesidade de realizar esta comunicación na pasada xornada, lembra que o mail, que será requisito imprescindible para poder optar aos pagos, deberá ser remitido este xoves, é dicir, antes das 00.00 horas do venres 31 de decembro.

Os titulares dos establecementos deberán incluír nese correo electrónico os seguintes datos: nome do establecemento e dirección, nome completo ou razón social do titular e CIF. A medida aparece recollida na orde da Consellería de Sanidade xa publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) na pasada xornada --apartados sétimo e oitavo--, na que se establecen as medidas específicas ante a situación conseguida pola pandemia referidas ao lecer nocturno.

Un grupo de persoas pasea polas rúas de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un grupo de persoas pasea polas rúas de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta