Reunión das forzas de seguridade e Xunta para avaliar o dispositivo de Fin de Ano e aplicación de sancións

A falta de que confirmarse o aval xudicial ao toque de queda e a prohibición de reunións en vivendas e espazos privados entre as 03,00 e as 06,00 horas; o foco estará posto nas restricións á hostalaría, que estará obrigada a pechar ás 03,00 horas como máximo se deciden abrir en noitevella.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Xunta abordará na tarde deste xoves nunha reunión coas forzas de seguridade o dispositivo para velar polo cumprimento das medidas restritivas impostas para a noite de fin de ano e que carrexarán sancións no caso de que se detecten incumprimentos, como avisou o 'dous' da Xunta, Alfonso Rueda.

A falta de que confirmarse o aval xudicial ao toque de queda e a prohibición de reunións en vivendas e espazos privados entre as 03,00 e as 06,00 horas; o foco estará posto nas restricións á hostalaría, que estará obrigada a pechar ás 03,00 horas como máximo se deciden abrir en noitevella.

Diso informou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios antes de asistir á cerimonia de Translación do Apóstolo celebrada en Santiago este xoves.

A reunión coas forzas de seguridade está convocada para a tarde deste xoves, véspera do 31 de decembro, un fin de ano que ante a escalada de contagios por covid "non pode ser normal", segundo sinalou Rueda.

O encontro servirá para definir o dispositivo especial de seguridade en noitevella, especialmente ante as restricións impostas á hostalaría, obrigada a pechar ás 01,00 horas como máximo, e ao lecer nocturno, que poderán funcionar ata as 03,00 horas, aínda que perderían a opción de acollerse ao plan de indemnizacións da Xunta.

"A mellor vixilancia sempre é a prudencia da xente, a concienciación sobre as normas sanitarias", sinalou Rueda, quen advertiu que os incumprimentos "serán denunciados e sancionados".

"Oxalá non sexa necesaria, sexa unha noite tranquila e podamos celebrar máis noites sen restricións a partir do ano que vén", expresou o vicepresidente.

Policía Nacional
Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta