"Xestionamos con axilidade e rigor os contaxios", di a empresa que xestiona o rastrexo da Xunta

Abai Group, matriz de Extel, nega "caos organizativo" e di contar cun "sistemas de continxencia activos" ante o gran aumento de casos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/12/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Abai Group, a empresa que xestiona o sistema de rastrexo e seguimento dos casos covid da Xunta a través de Extel, defende o traballo de formación e teleformación que lle dan aos seus operarios. Por iso,desminten, deste xeito, as críticas de "caos organizativo" recibidas por algúns dos seus propios traballadores e as denuncias dunha circular interna do pasado 24 de decembro publicada por GC na que informaban aos empregados que lles pagarían 20 euros se traían a un "amig@" para realizar teleformación.

Rastrexadores ou rastreadores
Rastrexadores ou rastreadores | Fonte: EP

"Os traballadores no servizo de rastrexo da Xunta recibiron a formación previa que lles permite xestionar con axilidade e rigor os casos que se presentan", indica a empresa nun comunicado remitido a Galicia Confidencial. Así, lembra que esta formación impártese de forma mixta, é dicir, presencial e por teleformación, para "cumprir co obxectivo de seguridade dos grupos iniciais e que non superen as recomendacións de concentración de persoas nunha sala sempre co ánimo de evitar máis contaxios".

Abai Group suliña que, desde o inicio do servizo, asignou un equipo de 8 formadores permanentes, que desenvolveron manuais e materiais formativos didácticos "que facilitan a aprendizaxe dos novos empregados e empregadas" o que facilitou, di, "traballar ininterrompidamente desde marzo de 2020 sen incidente algún".

UN EQUIPO DE 600 PROFESIONAIS

A empresa di que comezou cun grupo inicial de 60 persoas que evolucionou de forma proporcional ao crecemento de contaxios, alcanzando hoxe unha cifra de 600 profesionais. "Adicionalmente, os rastrexadores teñen o soporte do equipo de xestión, formación, control de calidade e coordinación técnica dos equipos para monitorizar a correcta atención dos cidadáns", engade.

E ante o gran número de contaxios, Abai Group asegura contar cun "sistemas de continxencia activos para reforzar con novos rastrexadores a liña de atención ao cidadán e continuar traballando polo control da pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 anonimo

Por favor Galicia Confidencial, ya que son ustedes los únicos que sacan esta mentira a la luz porque el resto de los periódicos están comprados por las ayudas del PP, tiene que haber otra manera de hacer llegar esta mentira a todo el pueblo que aún no lo ve. Y esto tiene que llevarse a un bufete de abogados porque este contrato de Abai Extel con la Conselleria es un fraude, son solo 370 teleoperadores, y queriendo contratar 100 los fines de semana. Mienten más que hablan. La ley 39/2015 del 1 de oct permite un colectivo de personas para poner una reclamación ante un Organo como la Conselleria por daños y perjuicios conta el NO servicio que adjudicó a Abai Extell y la Conselleria es responsable. ¿Hay alguien con inteligencia jurídica para llevar este fraude de contrato con el daño que está causando Galicia?

3 Antón

Si para vos e xestionar con axilidade avisar a unha persoa que ten que permanecer en cuarentena durante 10/14 días por estar en contacto directo con un positivo o día 21/12/2021 a data de 30/12/2021.... enton si!!!!!! Así están os casos en este momento!!!!!

2 Aurelio

Desde marzo 2020 . He estado trabajando de rastreador en Universal hasta el 17 de noviembre del 2021. Dejen ya de mentir , por favor y atiendan el servicio que se le ha adjudicado . SINVERGUENZAS

1 Omicrón

La única verdad de lo que dicen es que se llaman Abai Extel, que tienen el servicio y que se quejaron trabajadores y la CG pasó la circular de la denuncia por cocinar a sus teleoperador@s con 20 para que traigan amigos a trabajar. Ya dejan ver que cualquier persona sin capacidad para este trabajo la van a contratar. Todo lo demás mienten, MIENTEN!!! No son 600. No tienen capacidad de respuesta , no empezaron con 8 formadores, todo mentira , engaño. Lo peor la Conselleria que es la responsable de ellos y no les quita el servicio y vamos a perder 15 millones de euros porque los directivos de Madrid de Abai Extell jueguen con la salud de la comunidad autónoma de Galicia. Los de Madrid si que saben porque engañaron a la Conseleria con la oferta de servicio y cayeron como moscas a la miel. Que triste la poco inteligencia de los que gobiernan. Y esto debería verlo un bufete de abogados a ver si es denunciable.