O PPdeG cualifica a presenza da ministra Maroto como "propaganda electoral"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou que "é improcedente que a ministra veña a Galicia para sacarse fotos como ministra do PSOE, en lugar de ser a ministra dun Goberno".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochou á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, que a súa visita a Galicia "só servise para facer propaganda electoral do Partido Socialista no canto de achegar solucións á crise industrial que sofre a Comunidade".

Así se expresou o dirixente popular tras a reunión de Maroto co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e con alcaldes e portavoces socialistas da comarca da Mariña lucense para avaliar a situación de Alcoa.

"É improcedente que a ministra veña a Galicia para sacarse fotos como ministra do PSOE, en lugar de ser a ministra dun Goberno que debería representar a todos os galegos e, no seu caso en concreto, defender a nosa industria", manifestou.

"Advertimos hai moito tempo que a falta dun prezo eléctrico competitivo complicaba o futuro de Alcoa en San Cibrao", sostén Tellado que traslada o apoio dos populares aos traballadores de Alcoa.

Tamén pide "a implicación" do Goberno e da propia empresa para garantir a reactivación da planta "canto antes". "Parar a produción de aluminio primario en Galicia durante dous anos é unha noticia nefasta", asegura.

VESTAS

Ademais, o secretario xeral do PPdeG referiuse a a situación de Vestas, "de cuxos traballadores se esqueceu a ministra Maroto". "Tamén neste caso botouse en falta a implicación do Goberno, que mantivo a súa pasividade para localizar investidores", engade Tellado, quen acusa o Goberno central de "inacción" e de non facer "unha fronte real" con traballadores e Xunta.

Por outra banda, critica a actitude do PSdeG, "evidenciando que a chegada de Valentín González Formoso á secretaría xeral non supuxo ningún cambio na formación, pois é evidente que os socialistas galegos continúan a disposición dos obxectivos do PSOE en Madrid, aplaudindo todas as súas decisións aínda que estas prexudiquen e vaian en contra dos intereses da nosa Comunidade". As críticas fainos extensivas aos alcaldes da Mariña presentes na reunión.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. ANGELG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. ANGELG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta