Tres persoas de Sada falecen en Cuenca tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban

Outras dúas persoas resultaron feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

Tres persoas perderon a vida este sábado e outras dúas resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido na AP-36 ao seu paso polo termo municipal de Mota del Cuervo (Cuenca), tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban, envorcando despois. Eran de Sada.

Fontes do Servizo de Atención e Coordinación de Urxencias e Emerxencias 112 de Castilla-La Mancha informaron a Europa Press que o sinistro tivo lugar ás 17.40 horas, no quilómetro 74 da mencionada autoestrada.

No operativo mobilizado desde o 112 participan efectivos da Garda Civil, bombeiros do parque de Alcázar de San Juan e de Villarrobledo, que tiveron que excarcerar ás tres persoas falecidas que quedaron atrapadas, un médico de urxencia, dúas ambulancias de soporte vital e unha UVI.

As dúas persoas feridas, un home de 51 anos e unha muller de 48, foron trasladados ao hospital 'Mancha Centro' de Alcázar de San Juan.

Cama de hospital. EUROPA PRESS - Arquivo
Cama de hospital. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta