A patronal eólica de Galicia aposta por acordos bilaterais, como os de Alcoa, para "abaratar o prezo" da electricidade

"Está demostrado que a eólica axuda a baixar o prezo da luz", afirma.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/01/2022 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica de Galicia aposta polo fomento de acordos bilaterais --como os que presentou Alcoa para a fábrica de San Cibrao (Lugo) estes días, en concreto con Greenalia e con Capital Energy-- para "abaratar o prezo" da electricidade e "favorecer a competitividade" de pemes e electrointensivas.

Aeroxeradores, muíños de vento, enerxía eólica
Aeroxeradores, muíños de vento, enerxía eólica | Fonte: EUROPA PRESS.

E é que, segundo constata, "o prezo da electricidade está a provocar serios problemas a familias e a todo tipo de industrias e negocios, non só ás electrointensivas". Este é "un cabalo de batalla ao que se debe vencer desde as enerxías renovables", na súa opinión.

"Está demostrado que a eólica axuda a baixar o prezo da luz. Estes días de atrás, cando estaba a 300 euros MW/h, non sopraba vento; e en canto empezou a soprar, e por tanto a entrar con forza no mercado almacenista, o prezo caeu", destaca.

"Engadamos que o 40% dos fondos europeos Next Generation están dirixidos a proxectos verdes e desenvolvementos sustentables. A industria eólica pode beneficiarse, e particularmente Galicia, deste relevante estímulo, a condición de que queiramos apostar como país por esta tecnoloxía limpa, verde, barata, renovable, conciliadora e sustentable", sinala EGA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta