Outras 1.395 persoas completan pauta contra a Covid en Galicia

Administráronse 26.595 doses da vacina nas últimas 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Galicia administrou nas últimas 24 horas outras 26.595 doses da vacina contra a Covid-19, das cales 1.395 foron para completar pautas, o que eleva ao 87,35 por cento a poboación co proceso finalizado no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade no seu 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do luns, recollidos por Europa Press, ata a data administráronse 5.884.961 doses contra o coronavirus, 26.595 delas nas últimas 24 horas. Desas 26.595 doses administradas, 1.395 foron destinadas para completar pautas, polo que aumentan a 2.358.649 as persoas co proceso finalizado, que supoñen o 87,35 por cento da poboación total de Galicia.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade hai 17.456 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.321 dependentes non institucionalizados e 27.607 institucionalizados. Pola súa banda, 2.176.315 terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 75.422 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.274 do sociosanitario e 16.599 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

POBOACIÓN INFANTIL

Das persoas que foron vacinadas nas últimas horas, un centenar eran nenos e nenas de 5 a 14 anos de idade, polo que contan con polo menos unha dose 130.185 menores entre esas idades, deles 112.780 de 10 a 14 anos e 17.405 de 5 a 9 --os datos publicados por Sanidade non diferencian os dous grupos etarios da campaña de vacinación pediátrica pautada--.

A vacinación de nenos de 11 a 5 anos arrincou o mércores 15 de decembro, tras a chegada a Galicia das primeiras 60.000 doses para esta poboación, e retomouse este martes, 4 de xaneiro, despois da recepción doutras 36.000 vacinas.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade con data do 30 de decembro, correspondente á vacinación pediátrica ata o día 29 do mes pasado, Galicia vacinou a 55.515 nenos de 5 a 11 anos con polo menos unha dose dunha poboación diana pediátrica de 155.893, o que supón o 35,6 por cento.

As áreas sanitarias galegas continúan esta semana en Galicia coa administración da dose de reforzo a cidadáns do grupo de 40 a 49 anos e proseguen con repescas. Ademais, mantense aberta a autocita para os que non se teñan inmunizado ata a data.

A iso súmase a vacinación a menores de 5 a 11 anos prevista este martes en xornada de mañá e tarde e o mércores 5 de xaneiro en horario matutino, centrada en nenos de 7 a 9 anos e repescas de ata 11 anos que non puideron recibir a dose pediátrica ata a data.

Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta