A Xunta ofrecerá a partir do 7 de xaneiro un segundo test gratis para cativos de entre 5 e 11 anos

Poderán recollerse nas farmacias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ofrecerá nas farmacias adheridas ao programa un segundo test de antíxenos gratis para os nenos de entre 5 e 11 anos, que estará dispoñible a partir do próximo venres, día 7 de xaneiro.

Test de antíxenos.
Test de antíxenos. | Fonte: Europa Press

Así o avanzou este martes o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, quen destacou que a Xunta de Galicia segue coa procura activa de casos nun rango de idade sen pauta completa. Así, ofrecerá un segundo test gratuíto para os nenos de entre cinco e 11 anos, que poderá recollerse co cartón sanitario nas farmacias adheridas a esta iniciativa.

Segundo destacou o conselleiro, este segundo test estará dispoñible a partir do día 7 de xaneiro. En concreto, cargarase nos cartóns sanitarios dos nenos e os pais e nais recibirán unha mensaxe de texto coas instrucións e os pasos a seguir no caso de que a proba arroxe un resultado positivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta