Un radiador, detrás do lume rexistrado nunha vivenda de Santiago

O utensilio estaba disposto preto dun colchón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A proximidade dun radiador a un colchón provocou un pequeno incendio nunha vivenda de Santiago que, con todo, rematou sen danos persoais. Segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu unha chamada ao redor das 15,00 horas deste martes na que se alertaba dun incendio nun piso da rúa Campo de Santa Marta.

Desprazados ao lugar, os bombeiros sufocaron as chamas, que queimaron un colchón que se atopaba pegado a un radiador. O lume provocou unha intensa fumareda no interior da vivenda, que tivo que ser ventilada polos profesionais dos bombeiros. No entanto, ningunha persoa resultou ferida.

Parque de Bombeiros
Parque de Bombeiros | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta