O mes de decembro de 2021, "moi cálido", foi o terceiro máis caloroso da serie histórica 1981-2010

A choiva acumulada foi similar á considerada "normal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un mes de decembro normal en canto a precipitacións e moi cálido no que respecta aos termómetros, cunha temperatura media que se situou 2,1º por encima do esperado. Esta anomalía converteu o decembro de 2021 no terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010.

Estas son algunhas das conclusións do avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia, que tamén sinala que decembro tivo tres partes moi diferenciadas: un período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmero e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada outra vez por borrascas --aínda que con vento do sur e temperaturas elevadas--.

Meteogalicia destaca a temperatura media, cunha anomalía de 2,1º por encima do habitual en decembro --dato obtido a partir das anomalías medias das 11 estacións meteorolóxicas máis representativas--. A explicación, sinalan, hai que buscala tanto nas temperaturas mínimas como máximas, "en ambos os casos moi cálidas". O precedente máis próximo, lembraron, foi o mes de decembro de 2015, cando a temperatura media situouse en 2,87º por encima do habitual; e o anterior foi o de 1989, cunha anomalía positiva de 2,84º.

En xeral, os termómetros rexistraron marcas moi elevadas no conxunto de Galicia, aínda que os valores máis destacables concentráronse na comarca da Coruña e no leste da provincia de Lugo, con valores que case chegaron aos 3,8º por encima do normal. Doutra banda, as anomalías máis baixas alcanzáronse no Barbanza, cunha temperatura media case 1º por encima do esperado.

MENOS CHOIVA E EN POUCOS DÍAS

Segundo os datos recolleitos nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a choiva acumulada en decembro foi similar á considerada "normal", pero o número de días con precipitacións supera en xeral os valores climáticos habituais para a época.

Achácano aos dous períodos de inestabilidade cos que comezou e finalizou o mes, que trouxo asociados episodios de borrasca bastante activos en días concretos e derivaron nunha precipitación acumulada de 205 L/m.

Se se comparan estes valores cos rexistrados no período de referencia 1981-2010, decembro finalizou en Galicia cunha anomalía media das precipitacións un 3% superior ao valor climático habitual. "Isto fai que o mes poida considerarse dentro da normalidade, tendo en conta o conxunto da Comunidade", aseguran.

Con todo, si recoñecen que houbo grandes contrastes en canto á distribución xeográfica das precipitacións, sobre todo entre a provincia de Lugo e o resto de Galicia. En concreto, mentres que na Fonsagrada e nos Ancares rexistráronse porcentaxes de choiva superiores ao 196% con respecto ao normal, na comarca ourensá de Valdeorras o mes resultou moi seco.

Día de sol e calor en Santiago de Compostela. Europa Press
Día de sol e calor en Santiago de Compostela. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta