O PP volve a criticar que Carmela Silva "continúe sen dar explicacións" polo "enchufe á súa cuñada"

Alfonso Rueda censura que o deputado de Réxime Interior, Carlos López Font, tampouco dé explicacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O presidente do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, censurou que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, "continue sen dar explicacións" un mes despois de que o Tribunal Supremo ratificase a condena a un funcionario de Vigo por 'enchufar' nunha concesionaria municipal a unha cuñada da tamén edil.

Nun comunicado, Rueda considera este como "un caso moi grave de corrupción" no goberno local de Vigo e afirma que a cidadanía "merece explicacións". O presidente do PP en Pontevedra sentencia que Silva tivo no pleno extraordinario "unha magnífica oportunidade" para explicar "por que unha persoa vai ir ao cárcere condenado por enchufar á súa cuñada", denunciado que Silva "preferiu seguir calada, escondéndose detrás de López Font".

Ademais, engadiu que o deputado de Réxime Interior, Carlos López Font, "tampouco deu unha soa explicación sobre que opinión lle merece ao goberno local toda esta trama".
Rueda lamenta que Silva "vaia acumulando días sen aclarar esta situación" á cidadanía, e pregúntase se é "casualidade" que "a única beneficiada economicamente de toda a trama sexa precisamente un familiar de Carmela Silva e non unha persoa calquera". Tamén se cuestiona se á presidenta provincial, á "que tanto lle gusta pedir explicacións a todo o mundo, segue calada porque ten moito que ocultar".

Alfonso Rueda na Radio Galega. RADIO GALEGA - Arquivo
Alfonso Rueda na Radio Galega. RADIO GALEGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Esto é unha INDECENCIA INSOPORTABLE ! Aquí tedes a historia recente deste Pleno Extraordinario, pero se ides ao final, e mirades o Pleno Completo (total son 18') podedes sacar as vosas conclusións ! https://twitter.com/00Memoria/statu...

1 Gamela

Como dí o concelleiro BNG este Silencio Instala a Corrupción nas Institucións ! http://concellodevigo.seneca.tv/wat...