O incendio nun garaxe de Cambados calcina un turismo e afecta a outros dous

Non houbo feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2022 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Un vehículo ardeu e outros dous resultaron afectados por mor dun incendio declarado no interior dun garaxe no termo municipal de Cambados, pero non houbo feridos. Segundo informou o 112 Galicia, os danos concentráronse nun dos vehículos que se gardaban no interior de recinto situado na rúa do Albariño.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 21,00 horas deste pasado xoves mediante a chamada dun veciño que alertaba dun incendio nun garaxe da súa propiedade. Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, avisouse aos Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía para extinguir o incendio que calcinou un turismo e provocou danos a outros dous. Ademais, os profesionais sanitarios foron informados de forma preventiva. Cos bombeiros colaboraron tamén axentes da Policía Local e o servizo municipal de Protección Civil.

Parque de Bombeiros
Parque de Bombeiros | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta