O Goberno acometerá investimentos en dependencias policiais da Coruña para mellorar a eficiencia enerxética

As actuacións costarán 2,6 millón de euros.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/01/2022 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, cifrou en 2,6 millóns o investimento en dependencias da Garda Civil e a Policía Nacional na provincia da Coruña para mellorar a sustentabilidade e a eficiencia enerxética.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Ministerio de Interior acordaron este investimento para o desenvolvemento das actuacións conxuntas do Plan de Transición Enerxética na Administración Xeral do Estado.

O Goberno levará a cabo a rehabilitación de instalacións "con criterios de eficiencia e contribuirase a unha mobilidade verde nas zonas con urxencias demográficas". A iniciativa está enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O acordo establece na provincia da Coruña catro actuacións: no cuartel da Garda Civil de Corcubión; na Xefatura Superior de Policía de Galicia; na comisaría de Santiago de Compostela e no cuartel da Garda Civil de Fene.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participa nunhas xornadas sobre violencia machista. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participa nunhas xornadas sobre violencia machista. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta