Haberá tests covid gratuítos en farmacias para nenos de 5 a 11 anos para unha volta ás clases "máis segura"

O conselleiro de Sanidade destaca que a campaña de probas posta en marcha o 22 decembro para esta poboación infantil "foi moi ben".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/01/2022 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Farmacias de Galicia dispensan desde este venres, 7 de xaneiro, tests para detectar posibles casos de Covid-19 en nenos de 5 a 11 anos con motivo da volta ás aulas o vindeiro luns día 10 co fin de posibilitar un regreso ás clases "máis seguro se cabe". Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras reunirse co comité educativo.

Test de antíxenos con resultado negativo
Test de antíxenos con resultado negativo | Fonte: Europa Press.

Comesaña explicou que "foi moi ben" a campaña de tests para nenos de 5 a 11 anos no inicio das vacacións escolares de Nadal --dispensáronse desde o día 22--. "Froito dese resultado repetimos a campaña", afirmou, para incidir en que desde a súa posta en marcha o 22 de decembro "retirouse un número importante de autotest".

Agora, comentou, "cargouse na conta destes nenos un segundo test" para menores de cinco a 11 anos --poboación pediátrica que está a ser vacinada coa primeira dose da vacina contra a Covid--.

Os seus pais e nais recibirán un SMS como na ocasión anterior, na que se lles explican as condicións do test e "que facer" se o resultado é positivo. "Tentamos que a volta ás clases sexa máis segura se cabe", subliñou Comesaña.

O titular de Sanidade incidiu en que desde o 22 de decembro do ano pasado realizaron "máis de 180.000 probas diagnósticas a esta poboación de cinco a 11 anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta