Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 15:01
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que sería "un erro histórico" que o Goberno central "perdese a oportunidade" para derrogar a reforma laboral aprobada en 2012 co PP na Moncloa, o que suporía un "incumprimento" do "prometido" por PSOE e Unidas Podemos.
Nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento autonómico, a líder nacionalista instou ao Executivo central a "cumprir" coa palabra dada ante a cidadanía e proceder así á derrogación "íntegra" da reforma laboral de 2012.
"Neste debate estamos aliñados cos dereitos da clase traballadora e coas promesas que se lles fixo á cidadanía de derrogar integramente a reforma laboral do PP", incidiu Pontón, que cre que o Goberno cometería "un erro histórico" se "non cumpre a palabra dada".
Neste sentido, manifestou que o BNG é partidario de que a reforma se tramite como proxecto de lei para facer valer "a maioría" no Congreso que "posibilitaría" a derrogación "íntegra" do marco normativo vignete. "Non se puiden perder unha oportunidade histórica para recuperar os dereitos roubados", aseverou a portavoz da formación frontista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.