A Xunta acusa á Deputación de Pontevedra de romper "a unidade de Galicia" en Fitur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, declarou que "participar no espazo da Xunta é unha opción, pero temos que ter un mínimo de cortesía institucional e respectar os formatos e os tempos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, lamentou que a Deputación de Pontevedra "rompa a unidade de Galicia" na caseta de Fitur e afeou a actitude da presidenta da institución provincial, Carmela Silva, á que reprochou que o pasado ano "tratou de evitar a presenza da delegada territorial en Vigo" nunha "falta total de cortesía institucional".

"Participar no espazo da Xunta é unha opción, pero o que temos é que ter un mínimo de cortesía institucional e respectar os formatos e os tempos que se lle marcan a todas as entidades e administracións que toman parte deste espazo", manifestou, en resposta ás declaracións de Carmela Silva nas que anunciou que non acudiría á caseta de Galicia en Fitur e nas que recriminou á Xunta o protocolo decidido --coa reserva da primeira fila--.

Nava Castro explicou que a Xunta pediu que se reservasen cinco asentos dun total de 37, "dadas as limitacións" polo coronavirus. Neste sentido, explicou que se enviou unha carta a todos os organismos e de todos eles, de 40, só a Deputación de Pontevedra expresou a súa "rotunda desconformidade" coa medida e a "única que rompeu a unidade" de Galicia.

"Non sei a quen lle pode molestar, salvo que se busque unha política de confrontación", preguntou Nava Castro, con respecto á reserva do cinco asentos. Sobre iso, tamén lembrou que é a Xunta a administración "que ofrece" o seu espazo e que, ademais, organiza a presentación e é "promotora" do espazo, facendo uso das súas "competencias" en materia turística.

Dito isto, Castro recoñece que a Xunta "non vai ocultar" que na decisión de reservar cinco asentos para a Administración autonómica en todos os eventos da caseta de Galicia en Fitur tamén se atopa que Carmela Silva "tentase --acusou-- de expulsar á delegada territorial en Vigo, como recolleron as testemuñas e as imaxes da xornada" do pasado ano.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na Comisión de Industria.. XUNTA
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na Comisión de Industria.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta