Os díscolos de Democracia Ourensana aseguran que Jácome lles ofreceu "30.000 euros" polas súas actas como edís

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 10/01/2022 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

Os díscolos de Democracia Ourensana denunciaron que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, líder do partido, lles chegou a ofrecer "30.000 euros" polas súas actas como edís.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Os ex edís de Democracia Ourensana, que agora forman parte de coalición de Centro Democrático de Ourense para concorrer ás municipais, denunciaron que Pérez Jacome lles chegou a ofrecer "30.000 euros" se deixaban a acta no Concello.

"Falamos de cantidades, 30.000 euros a María Dibuja e Maite Garrido se deixaban a acta ou 2.000 euros ao mes a Garrido se mantiña a acta pero votaba seguindo as instrucións", trasladou o coordinador de CDC José Manuel Palacios.

Deste xeito, Palacios apuntou que Jácome "baixou á area porque é a única solución que ten, está ansioso, pasan os meses e só pode pór catro xardineiras en Xoán XXIII".

Así, foi máis aló esgrimindo que non poden "levar unha gravadora sempre acesa", pero "30.000 euros é unha cantidade que coincide con doazóns doutros e ademais 30.000 euros coincide co que custa o proxecto da Xunta para o tema da residencia e que non quixeron facer".

Ademais, Palacios contou que Jácome lle dixo a Maite Garrido que Caride, o edil que abandonou a política, "si aceptara esa cantidade".

"Nós non o sabemos, pero iso é o que lle dixo el directamente a ela, eu non se se el colleu o diñeiro o que si me creo é que Jácome llo dixo", agregou.

Nesta liña insistiron en que "hai políticos que non se venden nin por 30.000 euros nin por prevendas" e que co seu tres votos "non poderá desmantelar o concello".

Así mesmo, Palacios trasladou que a querela interposta por Fiscalía en base a unha denuncia anónima por irregularidades nas contas de DO, "contén datos dun informe que só tiñamos Caride e eu" e que "lle presentamos ao PP de Santiago", terminando con "se nós non a puxemos, quen o fixo?".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta