Baía Edicións convoca por décimo ano o premio Meiga Moira de literatura infantoxuvenil

O certame, dotado cunha contía de 2.000€, acolle orixinais ata o vindeiro 2 de abril.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O 2022 preséntase de novo, como un ano cargado de certamos literarios. Baía Edicións vén de anunciar a convocatoria 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil. Segundo explican dende a editorial, os orixinais poderán entregarse até o día 2 de abril  e a resolución do xurado darase a coñecer o 17 de maio.

Computador portátil en biblioteca. XUNTA - Arquivo
Computador portátil en biblioteca. XUNTA - Arquivo

O premio, engaden, ten unha asignación económica de 2.00O e os posíbeis accésit contarán cunha dotación económica de 600 € Tanto a obra gañadora como os accésit serán editados por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira. Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega de obras de creación literaria dirixidas a rapazas e rapaces de 8 a 16

As obras, naturalmente, deberán ser inéditas e non ter sido premiadas. Os orixinais deben ser enviados en seis copias á dirección da editorial, afincada no Polígono Pocomaco, 2.a Avda.

Parcela A2 / Nave 52, 15190 A Coruña. O prazo de recepción de orixinais remata o 2 de abril e estará sometido ás bases publicadas por Baía na súa web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta