Atopan desorientada na cama a unha septuaxenaria da que non se sabía nada desde facía días na Coruña

Os bombeiros tiveron que entrar pola xanela.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/01/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Unha muller de 76 anos foi trasladada este martes ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), tras ser localizada na cama e desorientada, segundo informaron a Europa Press desde os servizos que interviñeron.

En concreto, pasadas as 10,15 horas, o 112 recibiu un aviso dos servizos sanitarios de que necesitaban colaboración para abrir a porta dunha vivenda da rúa Antonio Carballo, na zona da Sacra Familia.

Da muller que residía nela, non se sabía desde facía días nada. Pola porta, non se podía acceder ao estar atrancada polo que os Bombeiros desprazáronse ao lugar, accedendo pola xanela.

Alí, segundo un portavoz do Corpo de Bombeiros, atoparona, botada na cama e "desorientada". Unha ambulancia trasladouna, posteriormente, ao Chuac. Desde o 112, deuse aviso tamén á Policía Local e Nacional, ademais de Protección Civil.

Os bombeiros traballan nun operativo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Os bombeiros traballan nun operativo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta