O BNG pide adaptar os horarios e frecuencias dos trens "á realidade galega"

"É necesario impulsar investimentos estratéxicos nas infraestruturas e servizos ferroviarios", incidiu o deputado Néstor Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demandou a adaptación "á realidade galega" dos horarios e frecuencias dos servizos ferroviarios para conectar mellor os principais núcleos de poboación galegos.

O parlamentario nacionalista rexistrou iniciativas na Cámara baixa nas que reclama "mellorar e modernizar" os servizos ferroviarios en Galicia que, para Rego, deben contar con "horarios fiables e adaptados ás necesidades" dos usuarios. Ademais, solicita que se establezan axustes nas tarifas para pór fin "á discriminación" dos usuarios de liñas como Ourense e A Coruña.

"É necesario impulsar investimentos estratéxicos nas infraestruturas e servizos ferroviarios", incidiu Rego, que apunta a que os horarios da líena do eixo atlántico (Vigo-A Coruña) presenta "importantes carencias e deficiencias" a pesar dunha das vías con máis usuarios do Estado. Como exemplo sinala os problemas denunciados polos usuarios relativos aos horarios que non encaixan con "as necesidades de mobilidade" por motivos laborais ou académicos.

"Produciuse unha diminución das frecuencias en franxas horarias de punta de entrada ao redor das 08,00 horas e de volta maioritariamente a partir das 15,30 horas, pero tamén con picos de demanda ás 17, 18 e 19 horas, imprescindibles para a mobilidade interurbana por motivos laborais e de estudos", aseverou Rego.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta