A Xunta insiste que o Goberno debe pagar as compensacións do dragado da Ría do Burgo

A conselleira do Mar escribe ao secreatario de Estado de Medio Ambiente para requerir "información detallada" sobre o pago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2022 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, remitiu unha carta ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que lle solicita información detallada sobre a proposta para indemnizar aos profesionais do marisqueo afectados polo dragado da ría do Burgo. Fíxoo, informa a Consellería, este martes despois de que o Goberno central lle trasladar esta cuestión á Confraría de Pescadores da Coruña nun encontro por videconferencia, sen presenza da Administración autonómica.

Quintana tamén urxe unha reunión a tres bandas --Xunta, Executivo estatal e o sector afectado-- "para poder profundar nesa proposta e conseguir canto antes unha solución". A representante do Goberno galego lamenta na súa misiva coñecer esa proposta polos medios de comunicación e, posteriormente, durante a reunión mantida cos representantes da confraría coruñesa, así como non ser convidada á reunión celebrada o luns, polo que demanda á Administración central "lealdade institucional e maior concreción e detalles" sobre a solución suxerida durante ese encontro.

Nese sentido, reitera que a Xunta está disposta a tramitar os ao redor de 80 expedientes de axuda necesarios para compensar aos afectados polo dragado "se o Goberno central considera que non está en condicións de xestionalos e sempre que transfira ao Executivo galego os fondos necesarios para afrontar os pagos", reitera. Esta posibilidade, engade, tería que materializarse a través dun convenio.

Ría do Burgo. GOOGLE MAPS - Arquivo
Ría do Burgo. GOOGLE MAPS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta