Feijóo, contrario á "gripalización" da COVID: "Os expertos dirán cando é endémico o virus"

O presidente da Xunta lembrou que, xa no verán de 2020, "se dixera que se vencera á pandemia", unha frase que "queda para a historia do que é a improvisación e a frivolización dunha pandemia".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/01/2022 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou este mércores á "prudencia" e mostrouse remiso á mensaxe da "gripalización" da pandemia, antes de advertir que serán os expertos científicos os que determinen cando o virus sexa endémico. "Non se vai a producir nin por un decreto do Goberno nin por unha manifestación dun político", apostilou.

En declaracións aos medios en Carballo, o presidente advertiu que o asunto é "complexo" e lamentou determinadas manifestacións do Goberno, con Pedro Sánchez á fronte. "Levamos seis ondas e dixéronse moitas cousas que non se cumpriron", recriminou.

E lembrou que, xa no verán de 2020, "se dixera que se vencera á pandemia", unha frase que "queda para a historia do que é a improvisación e a frivolización dunha pandemia e dun virus descoñecido".

Así as cousas, aínda que admitiu que existen indicadores de expertos en saúde pública, microbiólogos e epidemiólogos, que indican que "se pode producir un tránsito cara a un virus endémico como pode ser a gripe ou a varicela", considera preciso ser "moi prudente" porque "ninguén sabe neste momento, e menos un Goberno", cando se poderá convivir "con absoluta normalidade" coa covid-19.

Ademais, incidiu en que a asistencia sanitaria en España e outros países está "moi tensionada". "Non diminuíu a tensión, antes tiñámola nos hospitais e agora na Atención Primaria, que está saturada polo número de persoas en procesos con covid, que teñen que atender para discernir entre persoas con procesos que poden devir en pneumonías ou pneumonías dobres, ou aquelas menos preocupantes porque son menos vulnerables", reflexionou.

"DAR TEMPO AO TEMPO"

"Imos darlle tempo ao tempo. A gripalización non se vai producir nin por un decreto do Goberno nin por unha manifestación de ningún político. Isto vaise a producir no momento científico no que así se poida acreditar e necesitamos seguir enviando unha mensaxe de seriedade e responsabilidade colectiva e individual", esgrimiu.

A continuación, aludiu ao "enorme impacto" que sofre a economía española, con "100.000 persoas que piden unha baixa diariamente", o que supón que non acudirán ao seu posto de traballo durante sete días. Por iso, insistiu en que hai que tratar este tipo de asuntos "co rigor sanitario e económico" que require a situación.

O SERGAS, "PREPARÁNDOSE"

En todo caso, asegurou que "os servizos de saúde, polo menos o galego, están a prepararse para que o momento no que o virus se poida considerar endémico", estea listo o sistema de información microbiológica e de notificación da enfermidade, como funciona o da gripe.

"Pero de momento, cos datos que temos, desde logo eu non me atrevo a dicir que isto xa é un virus endémico e que podemos convivir con el con absoluta normalidade. Non. Isto dirano os epidemiólogos e os expertos en saúde pública. Entendo que os políticos, de momento, tócanos xestionar aínda unha situación moi complexa desde o punto de vista sanitario; e moi, moi, moi impactante na economía, que son os miles e miles de baixas que diariamente se introducen no sistema", resolveu.

Feijóo, en rolda de prensa.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo, en rolda de prensa.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta