O Concello da Coruña acomete melloras de seguridade nos accesos aos centros educativos

As obras precisaron un investimento de máis de 451.000 euros.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/01/2022 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña acometeu en 2021 investimentos para mellorar a seguridade nos accesos aos centros eudcativos, cun investimento de máis de 451.000 euros, segundo informa. As actuacións estiveron dirixidas a executar traballos de reurbanización en camiños escolares situados na contorna de sete centros educativos da cidade.

Desta partida, un total de 200.000 euros foron investidos no proxecto ANCAS (Asociación de Nenas e Nenos Camiñantes por un Ambiente Sustentable e Seguro). Con iso, mellorouse a contorna de cinco centros educativos: o CEIP Emilia Pardo Bazán, Sal Lence, Juan Fernández Latorre, Ánxo da Garda e Zalaeta.

Os traballos consistiron no aumento das zonas peonís fronte aos centros escolares e a mellora dos camiños escolares coa disposición de pasos elevados.

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 .. Carlos Castro - Europa Press
Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 .. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta