Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 12/01/2022 | Actualizada ás 19:55
A Deputación de Pontevedra recollerá no marco de Fitur o premio á provincia como mellor destino Sicted --proxecto de mellora da calidade dos lugares turísticos-- de España nos XII Premios de Calidade Turística en Destino, outorgados polo Ministerio de Turismo.
Deste xeito, a provincia de Pontevedra convértese no único territorio galego entre os 19 destinos galardoados nesta edición do certame.
"Somos o destino de maior calidade de España deste ano, polo que fai falla dar os parabéns a todas e todos por este recoñecemento ao labor que realizamos desde a institución", valora Carmela Silva.
"Este recoñecemento reforza o noso traballo e sitúanos como unha gran referencia en calidade turística en Galicia e en todo o Estado", agrega a presidenta da Deputación.
Este galardón entregarase o próximo 20 de xaneiro, xoves, a partir das 11,00 horas no marco da feira Fitur, onde acudirá Carmela Silva a recollelo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.