Tres mortos máis con covid-19 en Galicia

Son unha muller de 91, outra de 95 e un home de 88 anos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/01/2022 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este mércores o falecemento dunha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que se infectou en decembro na Residencia A Carballa de Coles (Ourense).

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: ANA VARELA - SERGAS.

No último parte de decembro facilitado en decembro pola consellería, o día 22, permanecían activos dous casos positivos vinculados a esta residencia. O pasado 3 de xaneiro, Sanidade notificou o falecemento doutra nonaxenaria, de 93 anos, desta residencia, na que actualmente non hai contaxios rexistrados.

Ademais, a Consellería de Sanidade notificou este mércores outros dous óbitos, o dunha muller de 95 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e o dun home de 88 anos, tamén en complexo ourensán.

A Xunta informa, así mesmo, de que todos os falecidos rexistrados nas últimas horas tiñan patoloxías previas coñecidas.

Desde a declaración da pandemia, Galicia rexistrou un total de 2.832 falecidos vinculados coa infección por SARS-Cov-2.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta