Como controlar o estrés en época de exames?

Os expertos da OMS afirman que a infancia, a adolescencia e as mulleres son os segmentos máis vulnerables da poboción.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/01/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Como non estresarse en época de exames?.  Precisamente, a Sede Afundación A Coruña acollerá o próximo 20 de xaneiro ás 18.00 h unha conferencia do experto en psicoloxía Rafael Guerrero sobre 'Neurobioloxía do estrés na relación profesor e alumno' e que se enmarca no ciclo de charlas de Afundación 'Educación século XXI'.

Rafael Guerrero, experto en Psicoloxía, dará unha conferencia na Coruña titulada 'Neurobioloxía do estrés na relación profesor e alumno'
Rafael Guerrero, experto en Psicoloxía, dará unha conferencia na Coruña titulada 'Neurobioloxía do estrés na relación profesor e alumno' | Fonte: Afundación

O estrés é algo que afecta tanto o alumnado coma o profesorado. É por iso que, nesta sesión, se pretenden explicar os mecanismos neurobiolóxicos que se alteran ante situacións de estrés, así como esclarecer algunhas cuestións de especial interese para ambos colectivos.

Para iso, realizarase unha panorámica xeral do sistema educativo, analizando o funcionamento cerebral, o modelo pedagóxico dos catro cerebros, o comportamento das neuronas espello e se estudarán as potenciais situacións de estrés e medo entre o alumnado.

Os recentes informes sobre saúde mental elaborados por expertos de organismos como a OMS, o Instituto de Estudos Sociais Avanzados do CSIC ou o CIS, conclúen que se produciu no último ano unha importante deterioración da saúde emocional en España.

Os datos constatan cansazo no 52% da cidadanía; síntomas de depresión no 40%; e indicios de ansiedade no 30%. Estas cifras, extrapolables tamén a nivel internacional, conduciron á OMS a acuñar o termo fatiga pandémica no seu recente informe de 2021.

FATIGA PANDÉMICA

Os expertos da organización supranacional afirman que a infancia e a adolescencia, xunto coas mulleres, son os segmentos da poboación máis vulnerables a presentar o cadro asociado a esta patoloxía.

Así, nas persoas novas, a fatiga pandémica pode manifestarse mediante un incremento dos pesadelos, da irritabilidade, da dependencia de aparellos dixitais... A atención correcta á saúde emocional nesta franxa de idade aspira a promover oportunidades de aprendizaxe equitativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta