A biofábrica de Ence en Pontevedra iniciará o luns a súa parada técnica anual

Di que aproveitará a parada "para o reforzo da súa eficiencia e sustentabilidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A biofábrica de Ence en Pontevedra iniciará este luns, día 17, a súa parada técnica anual, que se prolongará previsiblemente ata o 25 xaneiro, segundo informa a compañía. Durante a parada execútase "un ambicioso plan de traballo para incorporar novas tecnoloxías e mellorar as xa existentes, co fin de seguir reforzando a súa eficiencia, fiabilidade e excelencia ambiental", apunta.

Ademais, xunto cos labores orientados ao mantemento da biofábrica e o cumprimento de todas as medidas de seguridade, aproveitarase a interrupción técnica "para o reforzo da súa eficiencia e sustentabilidade".

Debido á Covid-19, a compañía sinala que aplicará un estrito protocolo de seguridade fronte á pandemia ao conxunto dos traballadores, tanto ás persoas que traballan de forma directa en Ence Pontevedra, como ás que, de maneira adicional, accederán á planta para realizar traballos relacionados coa parada, na súa maioría, procedentes de Galicia.

Entre estas medidas está a entrega de máscaras FFP2, a realización de test de antíxenos a todos os traballadores, o control de acceso ás instalacións a través dunha aplicación móbil e a distancia de seguridade. Tamén se dividiu a parada en grupos independentes de traballo, limitando o contacto entre as persoas.

Biofábrica de Ence en Pontevedra / ENCE. / Europa Press
Biofábrica de Ence en Pontevedra / ENCE. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta