O PPdeG denuncia a repartición "arbitraria" dos fondos europeos por parte do Goberno Central

Insta ao novo secretario xeral do PSdeG e á portavoz nacional do BNG a situarse.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou ao Goberno de "ningunear" a Galicia cunha repartición "arbitraria" dos fondos europeos, en liña coas manifestacións realizadas o xoves a este respecto polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Xa está ben de tratar de enganar a Galicia, de excluírnos", dixo sobre unha repartición que o Executivo central, segundo argumentou, fai "con pouca transparencia" e ás comunidades autónomas "socialistas ou os seus socios de goberno".

"Xa está ben de que os galegos teñamos que reclamar por vía xudicial ao Goberno de Sánchez o que é noso", expuxo tamén, en rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG, sobre a posibilidade de acudir á Xustiza.

Por outra banda, instou ao novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a situarse. "Que ten que dicir", expuxo ao primeiro, ao que pediu que aclare "se vai seguir a liña sumisa de Gonzalo Caballero ou vai levantar a voz". No caso de Pontón, mostrouse convencido de que "fará moitos espaventos, pero seguirá apoiando a Sánchez".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta