Feijóo, ante a alza do IPC: "É o gran imposto que pagan as rendas medias e baixas, o máis daniño para a economía"

O IPC incrementou oito décimas a súa taxa anual en Galicia.

Por E.P. | OURENSE | 14/01/2022 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este venres, ante a alza do índice de prezos de consumo (IPC), que "ese é o gran imposto que están a pagar as rendas medias e baixas, o máis daniño para a economía dun país".

Así o trasladou na mesma xornada na que se fixo público que o IPC incrementou oito décimas a súa taxa anual en Galicia a peche de 2021, ata o 6,7%, co que se sitúa dúas décimas por encima da media nacional, segundo os datos que o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En declaracións aos medios en Ourense, Feijóo sinalou que esta situación supón "falta de competitividade e que as rendas baixas e medias paguen os mesmos impostos que as máis altas" porque "todo vale un 6% máis". E exempliificou: "Desde o pan, a un billete de bus, ou a peaxe da autoestrada... E non imos falar do prezo da luz".

"É unha subida de impostos xeneralizada para todos os cidadáns, unha perda de competitividade para a economía, e un pau enorme para as familias máis modestas cando fan a cesta da compra ou para acabar o mes", concluíu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Foro Ave Madrid- Ourense 'Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades', en Expoourense.. Rosa Veiga - Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Foro Ave Madrid- Ourense 'Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades', en Expoourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta