O PSdeG asegura estar "de acordo" con esixir ao Estado que a repartición de fondos sexa "xusto"

Pero pídelle a Xunta que faga o mesmo coas axudas aos concellos galegos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, asegurou que "se as reparticións non son xustas con Galicia" o PSdeG "vai estar de acordo" con esixir que as convocatorias sexan "obxectivas" pero considera que esta esixencia tamén se debe reclamar á Xunta con respecto ás outras administracións que operan en Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto en Guitiriz (Lugo). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto en Guitiriz (Lugo). PSDEG | Fonte: Europa Press


Preguntado nun acto en Lugo pola decisión da Xunta de presentar un requirimiento ao Estado pola repartición de fondos europeos, Formoso considerou que a repartición sempre debe de ser "obxectiva" e que o PSdeG defenderá "os intereses de Galicia".

Con todo, cualificou de "curiosos" que se estea producindo unha "onda de anuncios de demandas no medio dun proceso electoral en Castela e León" e no que "só as comunidades do PP están anunciado a presentación de demandas no ámbito administrativo".

"Nós estamos cos intereses de Galicia, se as reparticións non son xustos con Galicia, nós debémonos ao noso país e imos estar con iso, pero hai que dicir que esa misa esixencia respecto do Estado coa que estamos de acordo, tamén a hai que esixir á Xunta respecto das outras administracións que operamos en Galicia", apuntou.

Así, dixo que estaría ben que as subvencións da Xunta se repartan tamén con "criterios obxectivos" e "non en función da bandeira política de cada concello".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta