Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 18:25
A nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, "que guiará a innovación na Comunidade ata 2027", buscará "romper o teito de cristal para as pemes e en sectores tradicións que busquen achegarse ao I+D+i". Así o asegurou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que participou este venres no II Foro RIS3.
Conde sinalou que o sistema I+D+i e o tecido económico deben traballar perfectamente conectados "facendo efectiva a transferencia de coñecemento, sistematizando o actual grao de colaboración, que xa é alto, entre pemes, empresas e axentes do sistema de I+D+i".
"É unha estratexia feita para as persoas, co talento e o coñecemento como chaves que abrirán as portas dos novos retos da sociedade", explicou o titular de Economía, que pediu ademais "apostar de cheo polo I+D+i" non só a nivel sanitario, senón tamén "buscando o seu impacto no medio ambiente, na industria e na economía en xeral para propiciar a transición cara a un modelo de crecemento máis sustentable, intelixente, competitivo e centrado nas persoas".
O vicepresidente destacou ademais o carácter "transversal" da nova RIS3, "asegurado" tras un proceso participativo con achegas de máis de 250 representantes e expertos do ecosistema de I+D+i, "que colaboraron para identificar onde deben estar as prioridades da nova folla de ruta", entre as que Conde remarcou a sustentabilidade, a dixitalización "e a investigación e innovación orientadas a abordar os retos da sociedade galega".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.