Formoso achaca o "colapso" da Primaria aos "anos de baixadas orzamentarias"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou este sábado o "colapso" da Atención Primaria en Galicia, que é consecuencia de "anos de baixadas orzamentarias" no Servizo Galego de Saúde (Sergas) por parte da Xunta.

Esta foi un dos temas abordados na executiva do PSdeG, a segunda desde o Congreso Nacional de decembro, que se celebrou no Hotel Puerta del Camiño de Santiago de Compostela. Durante este encontro, o secretario xeral compareceu ante os medios para afear a "mala xestión" sanitaria da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, especialmente na Atención Primaria, a "primeira liña de batalla".

Neste contexto, Formoso lamentou que os centros de saúde estean a expresar durante esta onda da pandemia "todas as súas debilidades", xa que hai "demasiados días de espera para recibir un diagnóstico, que é un dereito imprescindible".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, a presidenta do PSdeG e da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, na executiva do PSdeG.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, a presidenta do PSdeG e da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, na executiva do PSdeG.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta