Piden crear un rexistro galego de maltratadores de animais

Animalistas propoñen esta fórmula co obxectivo de "evitar que persoas que exerceron crueldade contra os animais poidan comprar, ter ou adoptar calquera animal" mentres se mantén a pena ou a sanción administrativa accesoria

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera expuxo este sábado a creación do Rexistro Galego de Maltratadores de Animais, "un sistema de control" para persoas condenadas penalmente ou sancionadas por vía administrativa en cuestións relacionadas coa protección dos animais na comunidade ou que residan nela.

Animalistas propoñen esta fórmula co obxectivo de "evitar que persoas que exerceron crueldade contra os animais poidan comprar, ter ou adoptar calquera animal" mentres se mantén a pena ou a sanción administrativa accesoria. Ademais, sosteñen, "serviría como sistema de intercambio continuo de información" entre concellos, Xunta e corpos de seguridade estatais, como Garda Civil e Policía Nacional.

Para cumprir coa normativa europea e estatal sobre protección de datos, este Rexistro "non podería ter carácter público total", senón que podería dispor unicamente os datos persoais do agresor sancionado ou condenado, "para evitar que puidese adquirir un animal nunha tenda, así como a inscrición obrigatoria no mesmo se se muda a Galicia".

Unha persoa que mate a un can con violencia, hoxe en día "pode adquirir un novo ou mesmo adoptalo nun refuxio ou centro de recollida público sen ningún tipo de problema", advirte, xa que non existe un rexistro telemático onde se poden verificar as inhabilitacións.

Un can en adopción no Refuxio de Bando
Un can en adopción no Refuxio de Bando

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta