Detido un home polo apuñalamento dun mozo na Coruña, que está ferido grave na UCI

Por E.P. | A CORUÑA | 15/01/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Un mozo permanece ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) da Coruña tras resultar ferido grave por un apuñalamento ocorrido na madrugada deste sábado nunha zona de copas da cidade. Durante a tarde deste mesmo día, un home foi detido como presunto autor da agresión.

Segundo informan a Europa Press fontes oficiais, os feitos ocorreron pasadas as 3,00 da mañá no Orzán, cando ao parecer un mozo atacou a outro cunha arma branca. Foi sobre as 20,30 horas cando a Policía logrou atopar o presunto autor do apuñalamento. 

Axente de Garda Civil | AXM
Axente de Garda Civil | AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta