Galicia segue aínda de cheo na sexta onda, sumando novos casos activos e hospitalizados

O número de contaxios diarios é de 5.000 e aumentan a 610 os pacientes hospitalizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Galicia segue sen chegar á famosa curva de descenso de casos covid na sexta onda. A pesar de reducirse os casos activos en tres áreas sanitarias e baixar de 7.800 a 4.900 os novos contaxiados, os casos activos aumentan a 72.573, Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 610 --que implican 41 máis--, pero a taxa de positividade redúcese a un 18 por cento.

Arquivo - Persoas en terrazas de bares de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Persoas en terrazas de bares de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Tamén baixaron o número de probas realizadas. Así, nas últimas 24 horas leváronse a cabo 5.262 PCR --unhas 2.400 menos que a xornada anterior--, que eleva a 3.468.165 as realizadas desde o inicio da pandemia; e 5.987 test de antíxenos --uns 4.200 menos--, que suman 1.296.935. Entre ambos os tipos representan 11.249 probas efectuadas.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, mantéñense en 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --sen cambios--, mentres que ascenden a 556 as hospitalizadas noutras unidades --41 máis-- e 71.963 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete áreas sanitarias e alíviase unicamente na de Ferrol, que mantén tres pacientes Covid en UCI e rexistra 31 noutras unidades --uno menos--. Na área de Vigo continúan dez pacientes ingresados pola Covid en UCi e soben a 89 os hospitalizados noutras unidades --11 máis--; mentres que na de Ourense seguen oito en críticos e aumentan a 85 noutras unidades --dez máis--.

Polo seu lado, na da Coruña e Cee mantéñense 14 pacientes Covid en UCI e increméntanse a 134 os ingresados noutras unidades --oito máis-- e na de Santiago e Barbanza aumentan a seis o críticos --un máis-- e a 84 os hospitalizados noutras unidades --seis máis--.

No caso da de Lugo seguen seis ingresados pola Covid-19 en UCI e aumentan a 62 os doutras unidades --cinco máis--, mentres que na de Pontevedra e O Salnés descenden a sete os críticos --un menos--, pero soben a 71 os doutras unidades --dous máis--.

CASOS ACTIVOS

A tendencia ascendente dos casos activos no conxunto de Galicia retardouse no inicio da terceira semana de xaneiro e sitúanse nos 72.573, que supoñen 132 máis que a xornada anterior, ao haber lixeiramente máis contaxios (4.916) que altas (4.782), ao que se engaden dous falecementos. O luns da semana pasada había 67.724 infeccións.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en tres das sete: Ourense (-251), Santiago e Barbanza (-129) e Lugo (-108), mentres que aumentan nas outras catro: Vigo (+355), Pontevedra e O Salnés (+140), A Coruña e Cee (+91) e Ferrol (+34).

MENOS DE 5.000 CONTAXIOS

Os novos contagios de Covid-19 volven descender en Galicia e arrincan esta semana con 4.916, que implican case 3.000 menos que a xornada anterior na que se situaron por baixo dos 8.000 tras dous días consecutivos por encima desa cifra. 

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende a un 18,28 por cento no inicio desta semana tras pechar a pasada cun 21,8%. Deste xeito, segue por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta